O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO MELLORA O FIRME DE VARIOS NÚCLEOS EN CACHEIRAS, CALO, LUOU, OZA E LAMPAI

| compartir:

O Concello de Teo está executando nestes días obras de reforzo do pavimento en varios núcleos. Esta mañá a concelleira de Urbanismo (PSOE), Uxía Lemus, e o edil de Infraestruturas (PSOE), Roberto Moñino, visitaban algunha das zonas nas que xa están avanzados os traballos.

Segundo explica Uxía Lemus “trátase de obras moi necesarias nos núcleos xa que a rede viaria interior estaba moi deteriorada”. “Os traballos estanse facendo, segundo recolle o proxecto, en aglomerado en quente o que garante unha obra duradeira” destaca a edil socialista.

As aldeas nas que se está traballando son Sebe en Cacheiras, da Xesta a Cesar en Calo, Caxade en Luou, Vilanova en Oza e A Silva en Lampai. Nos últimos dende o Concello estívose falando cos veciños/as afectados/as de cara a que as obras poidan cubrir dun xeito adecuado as demandas existentes, coa particularidade de que nalgúns dos lugares o propio deseño dos núcleos tradicionais dificultan algunhas solucións propostas xa que son inviables tecnicamente.

O investimento supera os 133.000 euros e realízase co financiamento da Deputación grazas a unha acordo de colaboración. A actuación en todos os núcleos achégase aos 3.500 metros lineais e fíxose en mestura asfáltica en quente de 6 centímetros de espesor.

teo