O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR DIVERTEO SETEMBRO

| compartir:

O Concello de Teo abre o prazo para anotarse no Diverteo Setembro. Este programa pretende ser unha ferramenta de axuda para as familias na conciliación familiar e laboral e funcionará nos días de setembro previos ao comezo do curso escolar. Neste edición o Diverteo será os días 1, 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro e realizarase nos colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa en horario de 07:45 ás 14:45 horas.  

O prazo para inscribirse no Diverteo Setembro comeza o xoves 30 de xullo e está aberto ata o 18 de agosto. As persoas interesadas deben entregar a ficha de inscrición, que xa se pode descargar premedo aquí , no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou os sábados de 09:00 a 13:00 horas. Hai 145 prazas dispoñibles, máis 5 prazas reservadas para emerxencias sociais, e o acceso será por rigorosa orde de inscrición.

 

O custe deste programa é de 3 euros por día e neno/a polo que a edición completa terá un custo total de 21 euros. Ao igual que todas as actividades municipais existen unha serie de exencións e bonificacións que se poden consultar no BOP nº. 195, do 13/10/2011. A listaxe de admitidos/as publicarase a partir do 19 de agosto páxina web www.teo.gal e no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello.

 

As persoas admitidas deberán realizar o pagamento entre os días 19 e 25 de agosto, ben no Rexistro Xeral do Concello, ben enviando unha mensaxe co xustificante de pago ao enderezo deportes@concellodeteo.com.

 

O Concello establece unha serie de normas para a recollida dos nenos e nenas á saída da actividade que se recollen neste documento. Así mesmo tamén poden descargar desde aquí os diferentes modelos de autorizacións (recollida do neno/a ou traslado por emerxencia).

 

 

 

Consulta aquí a convocatoria.

teo