O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE TEO REUNIRÁ EN OLEIROS OS MOZOS E MOZAS TEENSES

| compartir:

O concelleiro de Mocidade, Ignacio Iglesias e a primeira tenente de alcalde, Salomé Beiroa, compartiron cos participantes no campamento e coas súas familias os momentos previos á súa saída e realizaron unha fotografía de grupo antes da súa partida cara Oleiros.

Como cada ano no mes de agosto, o Campamento de Verán do Concello de Teo reúne a mozos e mozas deste Concello para que compartan uns días lúdicos e cheos de actividades. Nesta ocasión os e as inscritos no Campamento Xuvenil do Concello de Teo saíron cara Santa Cruz, Oleiros, onde van pasar os vindeiros dez días.

 

Son 79 os rapaces e rapazas que participan neste campamento municipal con idades comprendidas entre os 7 e os 13. Durante estes días conxugarán actividades de aventura como o tiro con arco, escalada, canoas, orientación, sendeirismo, BTT…, deportivas como xincanas olimpíadas, baile, xogos populares, loita…, intercaladas con obradoiros, saídas e veladas, así como con outras actividades de tipo educativo e ambiental.

 

Partiron este luns, día 3, ás 9.30 horas de diante da Casa do Concello, onde, antes da subida aos autobuses que os trasladaron, eran despedidos polos seus familiares e realizaron unha foto de grupo. Teñen por diante uns días cheos de actividades lúdicas antes de regresar o vindeiro mércores 12 de agosto.  

 

Unha vez que regresen os integrantes do campamento xuvenil será a quenda para que os máis novos partan cara Oleiros. Así, os rapaces e rapazas xa inscritos no campamento infantil partirán o vindeiro luns 17 para regresar o mércores 26.

 

O Concello de Teo, mantén así a organización esta actividade para a mocidade, que xa é un clásico do verán entre os máis novos, co fin de xeran un espazo de convivencia entre os mozos e mozas teenses que aproveitan as actividades lúdicas e de lecer para interactuar entre eles e coñecérense mellor. 

teo