O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CONVÓCASE O PLENO ORGANIZATIVO EN TEO NO QUE SE DESEÑA O GOBERNO PARA ESTES CATRO ANOS

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 18 de xuño ás 20:00 horas para celebrar a sesión extraordinaria organizativa. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo , na marxe dereita da portada.

Neste pleno, que se realiza ao comezo de cada mandato, dase conta de aspectos como a composición da Xunta de Goberno Local, o nomeamento dos/as tenentes de alcalde e acórdanse outros aspectos como a composición das comisións informativas ou as adicacións exclusivas. 

Os puntos da orde do día son os seguintes:

 

 

1.    DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE MEMBROS E DELEGACIÓNS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

 

2.    DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE

3.    DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE DELEGACIÓNS NOS/AS CONCELLEIROS/AS

4.    PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE A PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO

5.    PROPOSTA DA ALCALDÍA DE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS

6.    PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS

7.    PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE PERSOAL EVENTUAL.

8.    PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE RÉXIME ECONÓNOMICO DAS ASISTENCIAS E INDEMNIZACIÓNS

9.    PROPOSTA ALCALDÍA DE ASIGNACIÓNS A GRUPOS POLÍTICOS

teo