O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CONVÓCASE O PLENO CONSTITUTIVO DA NOVA CORPORACIÓN ESTE SÁBADO 13 ÁS 10:00 HORAS

| compartir:

A nova corporación de Teo, elixida nas eleccións municipais do 24 de maio, reúnese este sábado 13 de xuño para a súa constitución e elección de alcalde. A sesión está convocada para as 10:00 horas e na mesma o alcalde saínte, Martiño Noriega, entregaralle o bastón de mando ao novo alcalde de Teo.

Dende o Concello anímase á veciñanza a asistir á toma de posesión da súa nova corporación na que terán representación o BNG, o PSdeG-PSOE, o PP e Son de Teo-Anova.

 

A sesión celébrase no salón de plenos da Casa do Concello e coma nas sesións ordinarias de cada mes retransmitirá por streaming premendo aquí . Nesta sesión constitutiva, segundo establece a lei, constitúese a mesa de idade, realízase a comprobación de credencias, xuran ou prometen o cargo os/as concelleiros/as, elíxese o alcalde que toma posesión e faise o arqueo extraordinario e comprobación do inventario de bens e dereitos.

 

Segundo os resultados das eleccións do 24 de maio os concelleiros e concelleiras que tomarán posesión o sábado son: 

Manuel Anxo Fernández Baz (BNG)

Uxía Lemus de la Iglesia (PSdeG-PSOE)

Roberto Moñino Gil (PSdeG-PSOE)

José Manuel Guerra Calvelo (PP)

Antonio Reyes Sánchez Crespo  (PP)

Sofía Ferreiro Gaspar  (PP)

Julio César Retis Vázquez  (PP)

María Vázquez Rey  (PP)

Ignacio Manuel Arroyo Font  (PP)

María Dolores Nariño Facal  (PP)

Rafael Carlos Sisto Edreira (Son de Teo-Anova)

María Salomé Beiroa Fernández (Son de Teo-Anova)

Xosé Ignacio Iglesias Villar  (Son de Teo-Anova)

Concepción García Vázquez  (Son de Teo-Anova)

Xurxo Francos Liñares  (Son de Teo-Anova)

María del Pilar Pérez Fagil  (Son de Teo-Anova)

Jorge Juan Carballido Salgado  (Son de Teo-Anova)  

Consulta aquí a convocatoria do pleno 

teo