O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CELÉBRANSE NA PISCINA MUNICIPAL AS PRIMEIRAS XORNADAS DE DEPORTE NA RÚA

| compartir:

Este mércores 10 e xoves 11 organízanse as I Xornadas de deporte na rúa dende a piscina municipal climatizada da Ramallosa. Terán inchables acuátidos (con inscrición previa), inchables terreistres e xogos cooperativos e tradicionais para nenos/as. Para adultos/as realizaranse clases abertas na Praza dos encontros de aero-combat, baile zumba, step, crossfit... Estas clases ao aire libre serán para calquera persoa sen inscrición previa. 

Para máis información sobre esta actividade hai que contactar co persoal da piscina climatizada da Ramallosa, no teléfono 981 803 922 ou no correo electrónico teo@aquafitgestion.com. Tamén contan cun perfil de facebook PiscinasTeo

Estas xornadas coinciden cos dous anos de funcionamento da instalación que se puxo en marcha en maio do 2013. 

Pola súa banda o próximo luns 15 abren as piscinas descubertas de Luou e Os Tilos. Para ver a información sobre a campaña de verán preme aquí

teo