O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Xornada de Portas Abertas para a rapazada de Teo

Data e hora

Localización
Casa Común Marisa Mirás (Calo)

Prazas dispoñibles
26
Inscribirse

Prazas por persoa
1

Trátase dunha proposta de actividades para a rapazada de entre 10 e 18 anos do concello, co fin de dar a coñecer a Casa Común Marisa Mirás (Calo) e así potenciar espazos propios da infancia e adolescencia onde poder xuntarse, compartir e desfrutar dun tempo de lecer beneficioso.


Esta proposta é organizada polas Toupas de Teo (Foro de Participación Infantil e Adolescente de Teo), un grupiño de nenos e nenas que nos gusta participar nas decisións políticas e técnicas que se toman no concello e para iso analizamos a nosa contorna e transmitimos propostas dende o noso punto de vista.


Así, este programa –que se realizará na Casa Común Marisa Mirás (Calo)- desenvolverase o venres 3 de maio, entre as 17:00h e as 20:30h. Nesta xornada faremos moitas actividades, tales como charlas temáticas, xogos cooperativos, mini torneos de xogos de mesa, actividades artísicas e ata dous concertos de bandas de mocidade do concello. Por suposto, tamén haberá petiscos.


A actividade é totalmente de balde. En canto ao prazo de inscrición, ábrese hoxe ata o 2 de maio, ambos inclusive. 


Animádevos!

Inscribirse
cartel

Outros eventos por vir