O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A carballeira de Francos converterase nun espazo de xogo e descubrimento para coñecer historias de Teo. A través de probas de exploración sensorial, as familias achegaranse ao Camiño de Santiago, á Feira do San Martiño e á lenda da raíña Lupa.
As persoas participantes buscarán sobres agochados na natureza coas pezas dun quebracabezas e gozarán de propostas de mindfulness e baños de bosque.
Ao rematar, cada crianza levará á casa unha carteira máxica pintada en familia e inspirada na historia de Teo.
Público: crianzas a partir de 6 anos, acompañadas por unha persoa adulta
Prezo: actividade gratuíta con reserva previa. Prazas limitadas. En caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa no interior da Casa Común de Francos.
Organiza: GDR Terras de Compostela, no marco do programa Experiencias Terras de Santiago.
Colabora: Concello de Teo.
Executa: Látexos de Turismo.
A actividade conta co financiamento da Xunta de Galicia e coa participación de Galicia Calidade e Xacobeo 2027, tal como figura no cartel.