O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

XIII Ruta nocturna polos petroglifos teenses: A beira do Angueira

Data e hora

Localización
Capela dos Milagres de Cornide
Como chegar

Prazas dispoñibles
25
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Un ano mási volven as rutas nocturnas polos petroglifos teenses ao  noso concello. O Departamento de Cultura presenta, en colaboración co Colectivo A Rula, as XIII Rutas nocturnas polos petroglifos teenses.Nesta ocasión o  Colectivo A Rula guiaranos a través da ruta "A beira do Angueira". Será o día 10 de xullo ás 21:30 horas e o lugar de encontro será na Capela dos Milagres de Cornide.

Trátase de unha andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.

O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.

A ruta ten unha distancia aproximada de 3 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.

Data: Venres 10 de xullo

Hora 21:30 horas

Lugar: Capela dos Milagres de Cornide

Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.

 

Inscribirse
PETROS

Outros eventos por vir