O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
Finalizamos a estación estival coa última das rutas nocturnas polos petroglifos teenses, nesta ocasión o Colectivo A Rula guiaranos a través da ruta "A beira do Angueira". Será o día 13 de setembro ás 21:00 horas e o lugar de encontro será na Capela dos Milagres de Cornide.
Trátase de una nova andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.
A ruta ten unha distancia aproximada de 3 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.
Data: Sábado 13 de setembro
Hora 21:00 horas
Lugar: Capela dos Milagres de Cornide
Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.