O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

XI Rutas Nocturnas polos Petroglifos Teenses. Solpor no Piquiño

Data e hora

Localización
Campo da Festa - Carballeira de Luou
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

 

Cultura presenta un ano máis, en colaboración co Colectivo A Rula, as XI Rutas Nocturnas polos Petroglifos Teenses.

No mes de setembro teremos a ruta Solpor no Piquiño. Será o día 7  ás 20:30 horas e o lugar de encontro será o Campo da Festa de Luou.

Trátase de una nova andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.

O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.

A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.

Data: Sábado 7  de setembro

Hora 20:30 horas

Lugar: Campo da Festa - Carballeira de Luou

Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.

 

Observacións
Grazas por participar nesta nova sesisón das Rutas nocturnas polos Petróglifos teenses. Lembra levar roupa e calzado cómodo, chaleco reflectante, lanterna e auga.

IMPORTANTE: No apartado Observacións é necesario indicar o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes. En caso de non poder asistir agradecemos que o comuniquen.

PETROS

Outros eventos por vir