O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Historias e viaxeiros a través das pontes e pontellas de Teo
As pontes non só unen beiras: gardan historias, lembranzas e pasos que foron tecendo o territorio ao longo dos séculos.
Nesta visita dramatizada e mesmo musical, Suso Martínez e Manuele de Felisa conduciranos por unha viaxe narrativa a través das pontes e pontellas de Teo, lugares de tránsito que funcionaron como auténticas bisagras da historia. Espazos que comunicaron parroquias, camiños e persoas, e que artellan un territorio milenario no que as augas seguen fluíndo mentres a memoria permanece.
Un percorrido para escoitar, camiñar e descubrir como as pontes foron escenario de encontros, despedidas, comercio, peregrinacións e vida cotiá.
Punto de encontro (inicio e fin da actividade):
Casa Consistorial de Teo (A Ramallosa)
Horario de saída do bus: 10.00 h
Duración aproximada: 3 horas
Utilizarase un bus de apoio para os desprazamentos entre parroquias.
O percorrido inclúe aproximadamente 5 km a pé, distribuídos en diferentes tramos.