Visita guiada pola Tomada

tomada

O 25 de marzo organizamos unha visita guiada pola carballeira da Tomada (Calo) para celebrar o día da árbore. Nesta xornada visitaremos este espazo restaurado con criterios ecolóxicos e achegarémonos a unha realidade dos nosos montes, a falla de árbores vellas e mortas. Esta ausencia fai que tamén desaparezan animais que só viven nestes ecosistemas de árbores vellas. 

Se queres saber máis inscríbete neste mesmo espazo da web. Será un paseo de ao redor dunha hora e está indicado para público adulto, aínda que as crianzas son sempre benvidas. 

Data e hora
Localización
Carballeira da Tomada

Actividades relacionadas