O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Unha noite no muíño... con Caxoto na Piscina Municipal de Luou

Data e hora

Localización
Piscina Municipal de Luou
Como chegar

Caxoto (A Trastenda dos Contos) trae á Piscina Municipal de Luou o espectáculo Unha noite no muíño... onde fará un percorrido por esas tradicións, contaranos como se divertían as nosas avoas e avós e converterá o museo nun local de baile improvisado onde escoitaremos muiñeiras, agarrados ou pasodobres ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón... e quen sabe? ... cun pouco de sorte incluso aprenderemos a bailar unha sinxela muiñeira.

Para público familiar, con nenos e nenas de 4 a 10 anos.

Esta actividade forma parte do programa "Cultura no Camiño", impulsado e cofinanciado pola Xunta de Galicia.

Listaxe de agarda
CAXOTO

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

Get Back