O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

TESOUROS VIVOS DO ULLA. EXPLORACIÓN EN FAMILIA

Data e hora

Localización
ÁREA RECREATIVA DO XIRIMBAO
Como chegar

Prazas dispoñibles
12
Inscribirse

Prazas por persoa
4

As sequoias conviven harmoniosamente co resto de vida do río Ulla dende fai máis de medio século. A ruta "TESOUROS VIVOS DO ULLA. EXPLORACIÓN EN FAMILIA"  ten lugar na parroquia de Reis do concello de Teo. Esta experiencia lévate a coñecer o gran valor da biodiversidade que atesoura o río Ulla. 

A través dunha ruta interpretativa deseñada para familias con crianzas convertiraste en protagonista do xogo. 

O mexilón, a toupa ou o salmón contaranche os perigos que os ameazan e terás que protexelos! 

Completa a misión e inmortaliza ese momento no teu recuncho favorito coas Sequoias do Xirimbao - catalogadas árbores senlleiras -, como testemuña para ao longo da historia.

Dirixida a público familiar. Nenos/as a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta.
Extensión, duración e dificultade: O percorrido circular transcorre por 1,7 km de pista e carreiro, cunha dificultade media-baixa, debido o firme do chan á beira do río. Esta  experiencia está programada cunha duración de 2 horas aproximadas.
Inscricións: Prazas limitadas con reserva previa en teo.gal/actividades

Observacións
RECOMENDACIÓNS
Cantimplora ou botella de auga.
Roupa e calzado cómodo adecuado para camiñar.
Gorra
Bloqueador solar
Gañas de pasalo ben!
Realización das actividades suxeitas ás previsións meteorolóxicas
Inscribirse
TESOUROS VIVOS

Outros eventos por vir