O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

TEO CON ESENCIA DE MULLER: BIODANZA

Data e hora

Localización
Casa común de Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
6
Inscribirse

Prazas por persoa
2

Esta é a cuarta e úlitma experiencia dun programa de consciencia e benestar dirixido a mulleres que integra dinámicas de terapias naturais co fin de traballar a autoestima, a propiocepción corporal, mental e emocional; o apoderamento e forza de muller, a toma de conciencia e o auto coidado/coidado persoal. 

Introduciremos este tema e especialmente experimentaremos co movemento para espertar este potencial que levamos dentro, a través da música, do movemento e do silencio. 

Esta actividade é para experimentar o noso poder interior rescatando a guerreira e a sacerdotisa que levamos dentro. A nosa forza e sensibilidade, o Yin e o Yang.

 Falaremos sobre este tema e explicaremos como estas dúas enerxías, masculina e feminina, están en cada unha de nós. Trátase de espertar o noso Yin e Yang, enerxías fundamentais para vivir a nosa vida en harmonía e plenitude. 

Precisamos coraxe, forza... pero tamén tenrura, xenerosidade, sensibilidade... e as persoas asistentes poderán vivenciar dinámicas que lle permitirán notar cambios no seu día a dia.

As cancións utilizadas durante a experiencia son con letras de escritoras galegas. Haberá servicio de canguraxe cun mínimo de 4 solicitudes

Observacións
• Traer roupa cómoda e auga
• Non se require experiencia previa de ningún tipo
Inscribirse
obradoiro

Outros eventos por vir