O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
CATRO é unha proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia. Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons, as texturas, co movemento...
CATRO lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo dende a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito...
CATRO é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida a través do movemento coma linguaxe, como canle de coñecemento.
CATRO é un espectáculo para gozar en familia.
Espectáculo dirixido a bebés de 8 meses ata 4 anos.
Para asistir hai que facer reserva previa, que podes facer neste mesmo espazo.