Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Inscrición pechada
O artista galego Juan Perrisco impartirá un taller de arte Sorolla no Concello de Teo para a veciñanza. As prazas están limitadas a 15 persoas, empadroadas no municipio, que queiran ampliar os seus coñecementos en artes plásticas.
Poderán anotarse adultos e mocidade a partir dos 12 anos e que teñan uns coñecementos básicos.
O taller impartirase en tres xornadas: 18 e 25 de xaneiro e o 1 de febreiro en horario de 11.00 a 13.00 horas no local do obradoiro de artes plásticas de Tras do Eixo, en Cacheiras.
As persoas que se anoten deberán asistir ás tres clases como condición obrigatoria.