O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
A concellaría de Deportes programou un novo carreiro para o mes de novembro. Neste caso será o domingo 6 de novembro ás 10:30 horas co título ‘Tres aldeas’.
O punto de saída será a casa común de Francos. Trátase dunha ruta de dificultade media accesible para persoas acostumadas a camiñar.
Inscrición gratuíta a partir do 26 de outubro para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, o 3 de novembro abrirase un prazo para o resto da xente interesada.
Data e hora
Domingo 6 de novembro ás 10.30 horas
Localización
Casa común de Francos.