O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Ruta Apego: Recoñecendo anfibios polo Ulla, co Grupo Naturalista Hábitat
Sábado 26 de marzo ás 11.00 h na Ruta Apego da Burga de Xermeade.
Dirixido a familias con crianzas de ata 6 anos.
Os cursos dos ríos son hábitats moi ricos en fauna, tanto terrestre como acuática. A Ruta Apego da Burga de Xermeade é un destes casos, á beira do río Ulla. Andaremos esta ruta xunto co Grupo Naturalista Hábitat, que nos amosarán moitas das especies que a habitan.
Prazas limitadas a 40 persoas, de balde con inscrición previa.
Inscricións a partir do 21 de marzo.