O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

PROGRAMA QUERERSE BEN: MINDFULNESS E IOGA

Data e hora

Localización
Casa común de Oza
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

Quererse ben é un programa creado para aportar ferramentas de autocoidado ás mulleres. O programa está formado por 4 obradoiros onde se traballarán diferentes temas, cada un dos obradoiros terá dúas sesións. Neste primeiro obradoiro de mindfulness e ioga, traballaranse as posturas, o movemento corporal e o coñecemento persoal. Para iso farase fincapé nos puntos psicoemocionais e na respiración consciente.

O obradoiro terá unha duración de 2 horas e serán dúas sesións, a seguinte terá lugar o vindeiro 21 de outubro na mesma ubicación. A inscrición é para as 2 sesións, non se pode anotar só a unha.

 

 

Observacións
O servizo de canguraxe haberá que solicitalo no correo cim@teo.gal
As participantes terán que levar esterilla, mantita, coxín, libreta e boligrafo.
Obradoiro

Outros eventos por vir