O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico. 20 de agosto

Data e hora

Localización
Carballeira da Igrexa de Luou
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

As prazas están completas e a listaxe de agarda avanzada.

O Departamento de Cultura, coa colaboración do Colectivo A Rula, programa dúas novas sesións de Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico para os meses de agosto e setembro.

Este mes terá lugar o sábado 20  ás 21:30 horas

Igual que en sesións anteriores partiremos da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.

A actividade ten unha duración aproximada de 3 horas e é recomendable levar roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chán.

A inscrición  abrirá o venres 12 de agosto ás 10:00 horas.

Observacións
É necesario que nos indiquen o nome completo e DNI de tódolos asistentes. Poden facelo enviando un correo electrónico a entradascultura@teo.gal.

En caso de non poder asistir agradecemos que o comuniquen no enderezo electrónico anteriormente citado.
Estrelas

Outros eventos por vir