O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico. 2 de setembro

Data e hora

Localización
Carballeira da Igrexa de Luou
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
5

No mes de setembro chega a última sesión de Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico en Teo.

Terán lugar  o venres 2 de setembro ás 21:00 h.

Igual que en sesións anteriores partiremos da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.

A actividade ten unha duración aproximada de 3 horas e é recomendable levar roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chán.

A inscrición abrirá o 26 de agosto ás 10:00 h

Observacións
É necesario que nos indiquen o nome completo e DNI de tódolos asistentes. Poden facelo enviando un correo electrónico a entradascultura@teo.gal.

En caso de non poder asistir agradecemos que o comuniquen no enderezo electrónico anteriormente citado.
Listaxe de agarda
Estrelas

Outros eventos por vir