O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Obradoiro: Sen cantareiras non hai foliada, de Montse Rivera

Data e hora

Localización
Biblioteca do Grilo-Cacheiras
Como chegar

Este obradoiro quere poñer en valor as mulleres que durante séculos cantaron na nosa terra e na nosa lingua. Adolfina, Rosa, Eva, Manuela, Prudencia, Asunción e moitas outras facíano para amenizar o traballo, para transmitir sentimentos ou para pasalo ben nesas foliadas, seráns... Cantaremos coma elas facían e proporemos un baile para durante uns minutos, volver a vista atrás á nosa historia.
Este actividade forma parte do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas Ler Conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

  • Biblioteca do Grilo-Cacheiras
  • 18.00 horas
  • Público xeral (dende 9 anos)
  • Entrada libre e de balde ata completar aforo
Obradoiro cantareiras

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego