O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Na Feiriña temos obradoiros de títeres para as crianzas. A Feiriña celébrase na carballeira de Francos o domingo 6 de novembro.
O taller de títeres estará impartido por Mirari Urruzola de Títeres Babaluva. Durante a actividade as crianzas farán un títere de variña con papel de xornal e cartolina de cores. Debuxarán o seu boneco e vestirano coa técnica do collage.
A actividade terá unha hora de duración aproximadamente e está indicado para nenos/as a partir dos 5 anos. Se algunha familia quere anotar a algún máis pequeno/a debe estar acompañado dunha persoa adulta para poder facer a actividade.
Os obradoiros de títeres serán nos seguintes horarios:
De 11 a 12
De 14 a 15
De 16 a 17
Para participar no Obradoiro das 16:00 horas pódeste inscribir no formulario en liña neste mesmo espazo da web.