O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O sábado 9 de abril terá lugar ás 16:30 horas, na Casa Común de Rarís, un Taller de Robótica que utilizará o sistema de Lego Education. Un sistema de aprendizaxe práctico e intuitivo, inclusivo e extremadamente adaptable.
Nel toda a rapazada con interese polas ciencias, pola experimentación e polas ganas de descubrir poderá construír e programar un robot e facer que se desprace entre as distintas manualidades que se farán abordando a temática dos planetas e o universo.
O taller terá unha duración de 2 horas e está orientado para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos . É necesaria inscrición previa.