O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

OBRADOIRO DE CERÁMICA "MARCAS QUE PERDURAN"

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza, Ribas (Oza), Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
3

Da man do recoñecido ceramista Manuel Barreiro "Paparolo", este obradoiro propón unha experiencia creativa inspirada na riqueza da arte rupestre de Teo.

Ao longo de dúas sesións, as persoas participantes descubrirán a simboloxía dos petróglifos teenses e trasladarán os seus motivos á arxila, elaborando pezas propias que dialogan cun patrimonio gravado na pedra hai miles de anos. Un encontro entre tradición, creatividade e memoria, no que a cerámica se converte nunha nova forma de conservar e reinterpretar as marcas que perduran na nosa paisaxe.

Non é necesario ter experiencia previa.

Datas: xoves 9 e venres 10 de xullo
Hora: 17:30 h
Lugar: Casa Común de Oza (Ribas)
Duración: 2 sesións
Actividade gratuíta con reserva previa.

Observacións
📌 Sesións e inscrición
O obradoiro desenvólvese en dúas sesións (09 e 10 de xullo).
Só é preciso inscribirse para o primeiro día, entendéndose que se asistirá ás dúas xornadas.
En caso de non poder acudir, deberá avisarse escribindo a
👉 turismo@teo.gal
ou ao WhatsApp de Teo Turismo: +34 698 18 68 91

⚠️ Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático (nonresponder@teo.gal).

ℹ️ Reserva responsable
As actividades son de balde, pero con prazas limitadas.
A reserva implica compromiso de asistencia.

A non comunicación da ausencia poderá supoñer:
Primeira vez: paso á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
Segunda vez: non aceptación de novas inscricións.

Agradecemos a colaboración para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
obradoiro de Paparolo

Outros eventos por vir