O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Obradoiro creativo sobre os Xenerais da Ulla

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
2
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Actividade dirixida a tódolos públicos preferentemente público familiar, para achegarnos ao Entroido dos Xenerais da Ulla e explorar a nosa creatividade con técnicas de arteterapia da man dunha facilitadora acreditada e titulada en Belas Artes.
En primeiro lugar faremos acollida e presentación das persoas participantes; e unha explicación das dinámicas a realizar. Realizaremos unha introdución á historia dos Xenerais da Ulla entregando a cada familia: unha  imaxe dos desfiles e un documento con coplas reais do ano 2024. 
A continuación, toca CREAR! Faremos o noso propio sombreiro que nos servirá como estrutura e soporte. Inspirados na información que escoitamos sobre os Xenerais da Ulla iremos deseñando papeis con palabras, frases, debuxos... que iremos colocando sobre ese sombreiro/estrutura. Tamén podemos poñer neses papeis pensamentos, ideas que nos veñan á cabeza nese momento... ou outras cousas que Paula nos explicará. 
Agora toca, PRACTICAR! Éo momento de facer os nosos atranques! Daremos un tempo para ensaiar as coplas e cos sombreiros postos realizaremos os nosos atranques. Ou Altos! Tamén podemos crear a nosa propia copla... 
Para rematar, realizaremos un xogo simulando ser un soldado que ten que detectar aos inimigos... 
 

Observacións
Consellos útiles
Para o público familir: As crianzas de 6 a 12 anos deben estar acompañados por unha persoa adulta.
Vén a divertirte con nós ao mesmo tempo que aprendes sobre os Xenerais da Ulla explorando a túa parte CREATIVA! 

Facilitadora: Paula Piñeiro Calvelo PICAPAU
Inscribirse
Obradoiro creativo sobre os Xenerais da Ulla

Outros eventos por vir