O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Este obradoiro nace co propósito de explorar o pasado e a relación das mulleres co bordado a través das agullas, dos fíos e das fotografías. O encontro permite crear un espazo coidado no que aprender, crear e reflexionar dende a colectividade. A proposta convida a traballar con materiais de arquivo -fotografías, postais ou recordos impresos- e reinterpretalos empregando técnicas tradicionais de bordado. O arquivo funciona aquí como punto de partida: unha ferramenta para repensar, transformar e crear dende a memoria persoal e colectiva.
O Obradoiro levarase a cabo os xoves dende o 12 de febreiro ata o 5 de marzo cunha duración de 2 horas de 17:00 a 19:00, no que se mesturan técnicas de bordado coa intervención manual de fotografías e postais antigas. Aprenderemos diversos puntos de bordado (punto liña, nó francés, punto de cruz…), que se aplicarán despois sobre as fotografías antigas a modo de ferramenta de resignificación e creación.
Haberá servizo de canguraxe cun mínimo de 4 crianzas previa solicitude no correo cim@teo.gal