O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Magosto e Foliada de Apego

Data e hora

Localización
Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Prazas dispoñibles
36
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Xornada de Apego correspondente ao mes de novembro, que se centrará no Magosto. 

Así, de 11.00 a 12.00 horas haberá obradoiros sobre cultura galega e o magosto, onde a rapazada poderá construír a súa propia coroa de Magosto, así como adornos e debuxos de instrumentos tradicionais con elementos outonais. 

De 12.00 a 13.00 horas haberá degustación de castañas, amenizada con música polos cantareiros da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras. 

Esta actividade está dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

Prazas limitadas a 50 persoas, de balde con inscrición previa.  

Inscribirse
cartel

Outros eventos por vir