MAGA FANI "NOVAS AVENTURAS FANTÁSTICAS"

MAGA FANI

“Novas Aventuras Fantásticas” é un espectáculo de maxia, humor e participación do público, que percorre todo o espectro óptico dos procesos imaxinativos.

A través dos sentidos viaxaremos nun espectáculo con sorpresas apoiadas en todo tipo de trebellos, adobado todo cun guión cargado de intres inesperados e imprevisíbeis.

​Espectáculo para experimentar sensacións fascinantes, cheo de gargalladas, colaboración da concorrencia, moita luz e claridade.

Sábado 10 decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste.

Podes reservar a túa entrada neste mesmo espazo.

Data e hora
Localización
Auditorio Municipal Constante Liste

Actividades relacionadas