O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Kit de autocoidado para mulleres

Data e hora

Localización
Biblioteca dos Tilos
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

Estás cansa, desanimada, sentes que non dás feito?

Vén. Convidámoste a este novo espazo para o autocoidado onde entre mulleres compartiremos estratexias de benestar doadas de aplicar na vida cotiá. 4 xuntanzas pensadas para facer un alto no camiño e contactar co noso corpo, coller forza, coidar da nosa saúde física e emocional, e descubrir as nosas propias ferramentas. Todo dun xeito lúdico, divertido e relaxado.

Se che presta adicar uns intres para ti mesma e rir na compaña doutras mulleres, non o dubides... Contamos contigo!

O obradoiro terá lugar os mércores dende o 2 ata o 23  de marzo de 17:30 a 19:00 na biblioteca dos Tilos. No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de crianzas e as idades. 

Esta actividade está organizada dende o CIM, da área de Igualdade do Concello.

Observacións
Se queres anular a inscrición debes escribir a cim@teo.gal.
No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de crianzas e as idades.
Autocoidado

Outros eventos por vir