O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

IX Rutas Nocturnas polos Petróglifos Teenses . 3 de setembro

Data e hora

Localización
Igrexa de Santa María de Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
5

Rematamos as sesións das IX Rutas Nocturnas polos Petróglifos Teenses no mes de setembro coa ruta Gravados na Fraga.

Terá lugar o sábado 3 de setembro ás 20:30 horas e sairase desde a Igrexa de Santa María de Teo.

Trátase de unha nova andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.

O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.

A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectíante e roupa e calzado cómodo.

A inscrición para esta actividade abrirá o 26 de agosto ás 10:00 horas.

Observacións
É necesario que nos indiquen o nome completo e DNI de tódolos asistentes. Poden facelo enviando un correo electrónico a entradascultura@teo.gal.

En caso de non poder asistir agradecemos que o comuniquen no enderezo electrónico anteriormente citado.
Listaxe de agarda
Petros

Outros eventos por vir