IX Rutas Nocturnas ós Petroglifos Teenses. " Á beira do Angueira"

andainas nocturnas

Cultura presenta un ano máis, en colaboración co Colectivo A Rula, as IX Rutas Nocturnas polos Petroglifos Teenses.

Comezaremos este mes de xullo coa ruta Á Beira do Angueira. Será o día 16 ás 21:30 horas na Capela dos Milagres de Cornide.

Trátase de una andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.

O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.

A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e ropupa e calzado cómodo.

 

A inscrición para esta actividade abrirá o venres 8 de xullo.

 

Data e hora
Localización
Capela dos Milagres de Cornide
Prazas dispoñibles
0
Prazas por persoa
5

Actividades relacionadas