O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

INVISIBLES

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
10
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais.
Un millón de razóns para falar do maltrato.
Non máis invisibles.

Unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas.

Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.

Venres 25 de novembro ás 21:00 horas no Auditorio Constante Liste.

Observacións
Se non podedes asistir agradeceríamos que o comunicárades no enderezo electrónico entradascultura@teo.gal
Inscribirse
INVISIBLES

Outros eventos por vir