O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O vindeiro martes día 6 de maio comezamos o obradoiro de "INTERVENCIÓN ASISTIDA CON CAN PARA O FOMENTO DA AUTOESTIMA". A terapia asistida con cans ten varios obxectivos que poden contribuír á mellora da autoestima das mulleres. Algúns destes obxectivos inclúen:
- Mellora do vínculo afectivo e emocional
- Redución do estrés e da ansiedade
- Fomento da confianza
- Desenvolvemento da empatía
- Expresión emocional e comunicación non verbal
- Refuerzo positivo
- Creación de rutinas e hábitos saudables
- Facilitación da interacción social
A terapia asistida con cans pode ser unha ferramenta valiosa para axudar as mulleres a mellorar a súa autoestima. A persoa que entra en contacto co can experimenta trocos: redución do ritmo cardíaco, presión arterial, segregación de endorfinas, oxitocina....
O can é un “ser” que non xulga, non critica, non dá ordes e que brinda calma, seguridade e benestar.
O obradoiro será todos os martes de maio de 17:30 a 19:30 na casa común de Oza. Haberá servizo de canguraxe previa reserva no correo cim@teo.gal