O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Herbas das Mulleres

Data e hora

Localización
Centro cultural a ponte vella
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
2

Neste obradoiro faremos unha revisión da medicina tradicional desde unha perspectiva de xénero. As bruxas vistas como “médicas”, as parteiras como “obstretas”, as atadoras como “fisioterapeutas”. Falaremos de porqué se deslexitimou a medicina natural: “contos de meigas” e “as plantas non fan nada”. Estaremos á procura de referentes:; as avoas que a exerceron, as nais que sandaron con ela, as fillas que reclamamos o noso eslavón na cadea.
 

Falaremos tamén das principais plantas medicinais do noso entorno que están suxeitas a época do ano, achegaremos na exposición unha serie de plantas vivas, que sirvan para dinamizar a partilla e para achegar o coñecemento popular sobre herbas menciñeiras.

Durante toda a exposición motivase ás participantes a pór en común receitas, saberes, coñecementos, cos que ir tecendo na grande rede que é a medicina popular. Desta referencia concreta e local faremos prolongacións a perspectivas mais amplas, como as abaladas pola ciencia, as popularizadas desde outras filosofías médicas como a oriental etc.

 

Remataremos o obradoiro coa elaboración de un bálsamo medicinal con mostra para cada unha das participantes. Estades todas e todos convidados a participar, animádevos!!

Listaxe de agarda
obradoiro

Outros eventos por vir