
Volve o programa Goza do Ulla. O domingo 25 de setembro teremos unha ruta que sae dende o Xirimbao ás 10:00 horas.
Será unha ruta lineal que percorre toda a ribeira teense do Ulla dende a foz do río Pereiro ata o área de lecer do Xirimbao. O Ulla forma parte da Rede Galega de Espazos Protexidos, con presenza nesta zona de fragas con frondosas autóctonas e vexetación de ribeira que constitúen ecosistemas de grande valor ambiental como a Devesa de Agromaior ou a carballeira de Xermeade. Enclaves naturais pero tamén patrimonais que humanizaron este val ó longo dos séculos: pesqueiras, fontes, pontes e pontellas, canles de rega, muíños, etc. A Ponte Medieval de Pontevea do século XIV, Ben de Interese Cultural, ou a Ponte colgante da Mariola no Xirimbao, son algúns dos elementos culturais de maior sona desta bacía teense."
Inscricións ata o martes anterior o martes día 20 de setembro.
Latitude: 42º44’51.00” N
Lonxitude: 8º33’20.30” W
Coordenadas UTM:
29 T 536367 4732871 (WGS 84)