O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A Florida: camiños con historia

Data e hora

Localización
Casa Consitorial de Teo, na Ramallosa
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Un paseo interpretativo pola contorna da Florida, na parroquia de Rarís, para descubrir algúns dos seus elementos patrimoniais máis valiosos: a Ponte Nova, a fonte e a cruz da Florida.
Guiados polo Colectivo A Rula e por membros de Árbore Arqueoloxía, seguiremos antigos camiños e sendas peonís que atravesan a Fraga de Sestelo. Ao longo do percorrido coñeceremos de primeira man os detalles das intervencións e a súa importancia para conservar estes elementos patrimoniais, testemuñas da historia da Florida.

A actividade consiste nun paseo circular duns cinco quilómetros, con saída da Casa Consistorial e paso pola aldea da Florida. 

Observacións
Información importante sobre a reserva
A actividade é gratuíta, pero as prazas son limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar unha praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non se pode acudir, é imprescindible comunicalo coa maior antelación posible a través dunha destas vías:
- Correo electrónico: turismo@teo.gal
- WhatsApp de Teo Turismo: 698 18 68 91
⚠️ As cancelacións deberán comunicarse exclusivamente a través do enderezo electrónico ou do número corporativo indicados. Non se tramitarán as enviadas ao correo automático de confirmación nonresponder@teo.gal.
As ausencias non comunicadas terán as seguintes consecuencias:
Tras unha primeira ausencia, a persoa pasará á listaxe de agarda nas seguintes actividades nas que se inscriba.
Tras unha segunda ausencia, non poderá formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e a colaboración de todas as persoas participantes para facilitar un acceso xusto ás experiencias.
Listaxe de agarda
A FONTE

Outros eventos por vir