O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A maxia continúa no noso concello! O Festival da Maxia chega ao seu ecuador cunha segunda cita chea de humor, sorpresas e moita emoción para toda a familia.
O sábado 12 de decembro ás 18:00 horas, o escenario do Auditorio Municipal de Teo acollerá ao Mago Jorge co seu espectáculo «Ser diferente mola».
Ser diferente mola é un espectáculo de maxia participativa creado por Jorge Lorenzo que utiliza o ilusionismo, o humor e a emoción como ferramentas para reflexionar sobre o bullying e o acoso infantil. A través de xogos de maxia sorprendentes e situacións cotiás recoñecibles, o espectáculo convida ao público máis novo a cuestionar a idea de ¿ser igual aos demais¿ e a descubrir que aquilo que nos fai diferentes é, en realidade, o noso maior superpoder. Durante a función, as nenas e os nenos non son simples espectadores: participan activamente, toman decisións e vense reflectidos nas historias que se constrúen sobre o escenario.
Non perdas esta segunda oportunidade de vivir o teatro e a maxia en directo sen saír de Teo!
Reserva a túa praza neste mesmo espazo