O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

FESTIVAL ATLÁNTICA. ROSA GONÇALVES " RODELA DE CANTOS E CONTOS"

Data e hora

Localización
Carballeira de Luou
Como chegar

Un ano máis o Festival Internacional de Narración Oral recala en Teo con 5 actuacións no noso Concello que non vos podedes perder:

  •  Sábado 1 de xullo: Rosa Gonçalvez (Portugal) . Carballeira de Luou
  •  Domingo 2 de xullo: Quico Cadaval (Galicia).  Carballeira de Francos
  •  Xoves 6 de xullo:Ramiro Neira (Galicia) . Parque dos Tilos
  •  Sábado 8 de xullo: Sherezade Bardaji (Cataluña) . Penelas
  •  Sábado 8 de xullo: Paco Nogueiras (Galicia) . San Domingo

Este programa forma parte do Festival Atlantica 2023 que se desenvolverá do 1 ao 9 de xullo, e no que participan 24 concellos, máis de 30 artistas con máis de 90 actuacións.

Sábado 1 de xullo: Rosa Gonçalvez (Portugal) " Rodela de cantos e contos". 

Este sábado 1 de xullo, contaremos con  Rosa Gonçalvez chegada dende Portugal. Licenciada en humanidades, sempre rodeada da palabra contada, cantada, declamada, que tan ben alimenta a liberdade de voar, mergullar, florecer ou tronar e ventar! Á pata coxa saltou entre o xornalismo e o ensino e alí pousouse na narración. Co posgrao en Arte de contar historias do ISEC, e o curso de contadores de historias da Escola de Teatro Evoé, participou en encontros de narración oral, como Read On, Rio de Contos, Mostra Internacional de Teatro (MIT), Festival Ouvidoria ou Festival Contamina, entre outros. 

Rosa trae a Teo unha rodela de cantos e contos, unha rodela de poesías, contos e cantos tradicionais chegados dos catro ventos que, entretecidos, fan voar as cabezas no mundo das memorias e da imaxinación.

Data: 1 de xullo

Lugar: Carballeira de Luou

Hora:18:30 horas

Espectáculo en portugués e galego para público familiar, recomendado a partir dos 5 anos.

Acceso libre

 

Listaxe de agarda
ATLANTICA ROSA

Outros eventos por vir