Festival Atlántica: "CONTOS DE ARREPÍO"

contos de arrepío

Seguimos co Festival Atlántica. O venres 1 de xullo, ás 21:00 horasPaula Carballeira (Galicia) e Sofía Maul (Portugal) traerán ao Cemiterio Municipal o seu escpectáculo “Contos de arrepío”.

 

CONTOS DE ARREPÍO con Paula Carballeira e Sofía Maul

O medo é unha das poucas cousas que non buscas. Ao medo atópalo. Os chamados “contos de medo” só perseguen o arrepío do momento, unha lixeira inquedanza, unha sensación de vento frío que che aloumiña o pescozo. Candeas, aparecidos, ánimas en pena, agoiros, avisos… Ben se pode dicir que o arrepío forma parte do outono e do inverno, e dalí proceden a maioría destas historias, das longas e escuras noites coa néboa ás portas.

Contos que foron tecendo narradoras e narradores anónimos, ás veces recollidos por escrito, a maioría transmitidos oralmente para lembrarnos que a morte está á espreita, e que por iso hai que sentir con intensidade, tremer rir cando o medo nolo permita, para esquecer por un momento o que agochan as tebras.

Espectáculo dirixido a público adolescente e adulto.

Acceso libre ata completar aforo.

Data e hora
Localización
Cemiterio Municipal

Actividades relacionadas