O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
Un día de excursión para compartir en familia e con familias! Excursión á Illa de Cortegada (Carril - Vilagarcía de Arousa), do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIA). Unha iniciativa pensada para reforzar o vínculo familiar e poder compartir tempo de calidade con outras familias, no marco dunha actividade de ocio e tempo libre en plena natureza enfocada na sustentabilidade e na conciencia ambiental. Prioridade para as familias empadroadas en Teo.
Sairemos da Casa do Concello ás 9 da mañá para dirixirnos ao porto de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Alí haberá tempo libre antes de coller o barco de traslado á Illa de Cortegada (previsto ás 10.30 h- 11.00 h).
Unha vez na illa, realizaremos un recorrido camiñando, de pouco máis de 2 quilómetros e moi doado de facer; co acompañamento de guías acreditados do PNIA.
Logo é o tempo para comer: cada familia levará o necesario para xantar ao aire libre, tendo en conta que non hai mesas nin bancos. Nesta illa non hai auga doce, nin bares/restaurantes. No caso de que o tempo o permita, será posible bañarse no mar.
A previsión é estar de volta en Teo sobre as 19.00 h
PRAZO PARA ANOTARSE: do 9 ao 16 de setembro.
XANTAR: cada familia deberá levar o seu xantar, xa que na illa non hai nin bares nin restaurantes.
IMPORTANTE: Trátase dunha illa do Parque Nacional das Illas Atlánticas e, por este motivo, é imprescindible que as persoas que se inscriban faciliten os seguintes datos co fin de solicitar a autorización de acceso: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, enderezo postal, correo electrónico e teléfono de contacto.
Nos primeiros días da semana da saída enviaremos por correo electrónico a todas as persoas inscritas información para ter en conta o día da excursión (avisos, horarios confirmados, etc.)
O Concello reserva o dereito de suspender a saída no caso de:
Non acadar o número mínimo de participantes
Condicións meteorolóxicas adversas