O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

EXCURSIÓN DAS MULLERES DE TEO

Data e hora

Localización
Saída do Concello de Teo
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

O vindeiro domingo 7 de abril faremos a excursión das mulleres e este ano imos a visitar Monforte de Lemos. Antes de chegar faremos unha parada no Castro de Arxeriz, onde faremos unha visita guiada polo pazo e pola zona e subiremos ao mirador do cabo do mundo. Rematada a visita e chegando a Monforte, visitaremos o Mosteiro de Santa María de Ferreira, que é o único mosteiro feminino da Ribeira Sacra que mantén vida relixiosa.

Comeremos en Monforte e unha vez rematada a comida faremos unha visita guiada pola vila visitando algúns dos seus edificios máis importantes como son o Parador ou a torre da homenaxe. Remataremos a visita cunha visita ao museo do viño. 

A excursión  é para mulleres maiores de idade  e terán preferencia as mulleres empadroadas en Teo. O custe é de 20€ coa comida incluída. Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación, que se utilizará para o pago da cota, pudendo así mesmo recollerse dito documento no departamento de Cultura do Concello. De non recibilo dentro dos tres días posteriores á inscrición, póñase en contacto co Concello. Importante na inscrición poñer o DNI e o número de teléfono.

Unha vez verificado o pago, comunicarase a inscrición definitiva na actividade de forma telefónica.

A inscrición comezará o vindeiro martes día 12 de marzo e remata o mércores 27 de marzo. O pago ten que estar feito antes do 1 de abril

excursión mulleres

Outros eventos por vir