O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Excursión das mulleres

Data e hora

Localización
No Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

Co gallo do 8 de marzo, coma todos os anos, as mulleres de Teo saen de excursión. Nesta ocasión imos a Tui e arredores. Pola mañá comezaremos visitando os muiños de Tribe, teremos unha bonita visita guiada e veremos muiños de máis de 200 anos. Despois dirixirémonos ao centro de interpretación do Monte Aloia, onde nos separaremos para facer unha pequena ruta ao carón do centro "un camiño botánico" e tamén visitaremos o propio centro. O Monte é moi grande, alí poderiamos pasar días facendo diferentes rutas, pero remataremos a nosa visita acudindo a un dos pequenos miradoiros que alí podemos atopar. Comeremos na vila e pola tarde, despois de recuperar forzas, faremos unha visita guiada en Tui.

Anímate, xa sabes que só tes que pagar a comida, cando teñamos o menú, porémonos en contacto contigo. Esta vez imos andar moito, co que vinde preparadas, paga a pena!!! Poderán participar todas as mulleres maiores de idade do Concello de Teo e as prazas restantes estarán abertas a todas as mulleres que queiran participar. Abriremos o prazo de inscrición o vindeiro 31 de marzo. 

Máis información no teléfono do CIM 981938475 ou 604081326

Observacións
Temos varias andainas, vinde con gañas de camiñar e preparadas para elo con calzado cómodo, protección solar e auga.
EXCURSIÓN DE MULLERES

Outros eventos por vir