Escola de Familias sobre a transición de primaria a secundaria

Escola de familias

O vindeiro sábado 30 de abril, a  escola de familias abordará a transición de primaria a secundaria onde se tratarán os aspectos a ter en conta nas familias que teñen que afrontar ese proceso este ano. Será unha sesión dirixida polo doutor en psicoloxía Manuel Isorna na que haberá espazo para dúbidas e debate.

Esta actividade está dirixida a nais, pais e alumnos de 6º de primaria e terá lugar no Salón de actos do CEIP A Ramallosa. A sesión está pensada para que os/as pais e nais asistan coa rapazada. 

Para asistir hai que inscribirse a través do formulario en liña neste mesmo espazo da web.

No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de nenos/as e as idades. 

Data e hora
Localización
Salón de actos CEIP A Ramallosa
Prazas dispoñibles
47
Prazas por persoa
5

Actividades relacionadas