Escola de Familias sobre a seguridade na rede

coidadosamente

 O sábado 21 de maio, de 11.30 a 13.30 horas, teremos no Auditorio Constante Liste unha nova sesión da Escola de Familas que abordará a Seguridade na rede e o uso axeitado e crítico das novas tecnoloxías.

Estára con nós Jose Torres Meira, experto en investigación e ciberciencia, investigador no programa Sentidiño na Rede, que ten como obxectivo proporcionar información relevante para desenvolvernos en Internet con seguridade, aproveitando o mellor da rede pero coñecendo e minimizando riscos.

Algúns dos temas que se tratarán na sesión:

- Telefonía móbil: seguridade nos dispositivos, proteción da información

- Xeolocalización e redes wifi

- Mensaxería instantánea móbil: Whatsapp, Telegram...

- Proteción da intimidade e da privacidade

- Pegada dixital

- Redes sociais e videoxogos

Dirixido a familias, docentes e profesionais vinculadas á educación, así como os corpos de seguridade pública.

 

Para asistir é necesario incribirse no formulario en liña que hai neste mesmo espacio.

 

No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de nenos/as e as idades. 

 

Data e hora
Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Prazas dispoñibles
69
Prazas por persoa
5

Actividades relacionadas