O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Entroido en Reis

Data e hora

Localización
Campo da festa de Reis
Como chegar

Volve o entroido dos xenerais da Ulla! E faino grazas ao esforzo da AC O Demo de Reis, que mantén viva esta tradición.

A celebración estará marcada polas restricións impostas pola covid. Polo que non será un entroido coma os anteriores á pandemia pero volveremos a ver xenerais a cabalo e desfrutaremos dos atranques.

O sábado 19, a partir das 15:30 horas, poderedes ver unha mostra dos traxes do entroido nunha carpa que se instalará no campo da festa. Ás 18:00 horas teremos unha mostra de aparellamento dos cabalos. Ás 19:00 horas chega o momento máis importante da tarde co atranque dos xenerais e o demo de Reis.

A tarde rematará con música.

O domingo 20 farase na mesma carpa un obradoiro para a cativada de chapeus de xenerais.

entroido

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego