O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta sesión formativa servirá para identificar os diferentes estilos de afrontamento e a importancia das habilidades socioemocionais na xestión das situacións conflitivas cos nosos fillos e fillas, sempre dende unha ollada práctica.
Esta charla está dirixida a familias con nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos. Abordaranse os seguintes contidos:
Posicións, intereses e necesidades nun conflito.
Os estilos de afrontamento nun conflito: o método "todas e todos gañan".
A importancia das emocións na xestión do conflito.
Como afrontar as respostas agresivas nun conflito.
Identificación de conflitos recorrentes.
Estratexias prácticas para a resolución de conflitos.
A charla será o mércores, 29 de abril, ás 18.30 horas no auditorio municipal da Ramallosa. Para poder participar deberán inscribirse no correo: educarenfamiliaconcellos@gmail.com.