O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
Dentro do programa Educar en Familia, o Concello programa unha nova charla sobre como crear hábitos de saúde desde a infancia para o vindeiro mércores, 10 de maio.
Nesta charla abordarase a importancia do entorno familiar para crear hábitos saudables na vida dos máis pequenos, pois o comportamento dos pais é o espello para os cativos, baseado en varios pilares interconectados que melloran o día a día con cambios sostibles.
Así, analizarase o movemento e nutrición real, priorizando o movemento diario e a comida real sobre o sedentarismo e os ultraprocesados; a importancia do soño, con rutinas de descanso e horarios regulares; a desconexión dixital, mediante un uso consciente e limitado no tempo; así como a xestión emocional e o estrés, priorizando tempos de calidade en familia.
Pequenos cambios que conseguen grandes resultados, pois non se trata de adquirir a perfección, senón de accións sostidas no tempo.
A charla será o mércores, 10 de xuño, ás 18.30 horas no auditorio municipal da Ramallosa. Para poder participar deberán inscribirse no correo: educarenfamiliaconcellos@gmail.com.